INSTALACIÓNS

    No Espazo Xove de Betanzos ofrecemos un Servizo de Información Xuvenil, adicado a informar e asesorar,  para que os xoves obteñan de xeito rápido, cómodo e directo a información que máis lles interesa. Trátase de facilitarlle á mocidade o máximo de información en temas tales como: asociacionismo, actividades, concertos, bolsas, axudas, subvencións, concursos, xornadas, cursos, congresos, ofertas de emprego públicas e privadas, turismo, lecer, deportes, cultura, etc.








 Dende aquí expedimos os Carnés de Alberguista, Internacional do Estudiante, Teacher; así como tamén expedimos o Carné Xove.











Por este servizo pasaron aproximadamente 190 mozos e mozas ao longo deste ano.




     
 Por outra banda, destacar que ofrecemos un Servizo de Internet, contamos con 16 ordenadores con acceso gratuito a internet, onde @s usuari@s realizan os seus traballos  do instituto, imprimen documentos, xogan na rede, amplian información, chatean,  usan o correo electrónico ....... Por este servizo pasaron aproximadamente 340 rapaces e rapazas ao longo do 2011.




     
 Para rematar destacar a importancia das Salas Abertas un espazo que permanece en constante actividade durante toda a xornada, non sendo unha actividade programada, pero que conta cun grupo importante de participantes. Nela teñen á súa disposición unha ampla gama de diversións como: Tenis de Mesa, Billard, Futbolín, Play Station, cartas, trivial, monopoly, xadrez, parchís,......



        
 Converténdose, así, nunha alternativa lúdica a pasa a tarde na rúa. Este lugar de encontro, como marco de convivencia, favorece as relacións humáns, as charlas cos amigos,  incluso os ligues. Por estas estancias contamos aproximadamente con 400 xoves ao longo de todo o ano.

Ademáis, conta cun centro Quérote +, unha sala de creatividade e outra sala dispoñible para diversas actividades (dotadas cun equipo de música).





No hay comentarios:

Publicar un comentario