domingo, 22 de julio de 2012

¡Ven ó Espazo Xove de Betanzos!


O Espazo Xove de Betanzos (Casa da Xuventude ata marzo do 2011), dependente da Rede Galega de Centros de Xuventude, concíbese como un espazo de uso público que está a favorecer e canalizar as iniciativas individuais e colectivas da xuventude prestando o soporte material e técnico necesario para elo no contexto do lecer e tempo libre.

 Garantízanse así os espacios abertos á participación xuvenil, á práctica de valores democráticos, á información e formación non reglada, compensadora de diferencias, á comunicación e relación entre iguais, á diversión e á creatividade e, en definitiva, á promoción dun lecer activo que favoreza o desenvolvemento persoal dos e das mozos e mozas.

Son múltiples e variadas as iniciativas que xurden neste Centro, tanto a nivel individual como a través das asociacións (Asociación Xuvenil Brigantium, Asociación “Liafail”, Agrupación Teatral “Marinan”, Grupo Informal “Betanzos Xove”…..), do Concello de Betanzos e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

HORARIO:

 Del 16 de septiembre al 30 de junio 
      en horario de tarde-noche
Del 1 de julio al 15 de septiembre
       en horario de mañana.

Dirección:
Valdoncel, 7 - 15300 - Betanzos - A CORUÑA


Teléfono: 981774089










Como chegar ?
Ver mapa más grande